osquelemos
O blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe da Ribeira
21/03/25
LECTURA E FAMILIAS.
O alumnado e as familias crean bookface con portadas de libros. Unha experiencia moi enriquecedora!
14/03/25
SEMANA DA PRENSA.
RIBEDIARIO NÚMERO 2!
Con motivo da conmemoración da Semana da Prensa temos elaborado, por segundo ano consecutivo, o segundo número do Ribediario de Torneiros, un xornal do noso cole elaborado con noticias elaboradas polo alumnado e polos mestres/as do centro. Unha proposta moi enriquecedora que axuda a traballar diferentes aspectos do currículo, como é a creatividade, a redacción, a noticia, o tempo... En definitiva, unha forma divertida de aprender!Aquí tendes unha mostsra...
10/03/25
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
UN PERCORRIDO INTERACTIVO POLO 8M!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ten elaborado polos corredores do centro un percorrido interactivo de mulleres galegas destacadas, como Maruja Mallo ou Rosalía de Castro. Para iso empregaron códigos Qr e diferentes probas (experimentos, debuxos, crebacabezas...). Así, todas as clases desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria teñen participado e aprendido moitísimo. Canto temos aprendido!Aquí tendes unha mostra...
26/02/25
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
UN RECITAL INESQUECIBLE!
Polo día de Rosalía, o alumnado do IES Ribeira do Louro e o alumnado de 6º de Primaria teñen recitado diferentes poemas da autora diante de todo o alumnado do centro no salón de actos. Ten sido unha xornada moi cultural e divertida!
20/02/25
RADIO NA BIBLIO.
TIRADA DE PROGRAMAS CO CENTRO DE DÍA!
Nas últimas tres semanas o alumnado de quinto de Educación Primaria ten gravado na radio en formato podcast unha serie de entrevistas aos nosos queridos usuari@s do centro de día! Temas diversos téñense tratado: gastronomía, oficios, xogos e deportes e antes e de hoxe... Teñen sido unhas xornadas cheas de entusiasmo tanto polo alumnado como polos nosos maiores, ademais de estar cheas de ensinanzas e anécdotas.Aquí tendes unha mostra...
04/02/25
RADIO NA BIBLIO.
O alumnado de Cuarto fórmase en radio!
O grupo Ponte nas ondas volveu ao noso cole a formar, esta vez, ao alumnado de 4º de Educación Primaria. Foi unha xornada moi interesante chea de aprendizaxes!!
31/01/25
DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.
UN "MANNEQUIN CHALLENGE" POLO DÍA DA PAZ!
O alumnado e profesorado de todo o cole ten participado na montaxe dun mannequin challenge, que consistiu na gravación de escenas estáticas relacionadas coa paz e a violencia que se teñen exposto para todas a clases o propio Día da Paz e posteriormente, reflexionouse sobre o visto a través dun debate, dun mural de posits con palabras de paz e unhas estratexias de pensamento consistentes en debuxar o que significa para o alumnado a paz, colorear o marco do debuxo coa cor que representase a paz e debuxar un símbolo de paz. Aquí tendes o resultado...
30/01/25
CLUB DE LECTURA DUA.
NOVO ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA!
Este xoves, o alumnado de 6º ten realizado un segundo encontro con alumnado da ACEESCA e do CEIP Antonio Palacios e debater sobre o libro que teñen lido desde a última sesión que tiveran: O Principiño. Unha vez máis témolo pasado en grande!
21/01/25
LECTURA E FAMILIAS
ANECDOTARIO!
Creamos un Anecdotario Galego! Que actividades ou lugares típicos galegos visitamos e/ou coñecemos en familia? No corredor da Biblioteca podemos ler todas estas aventuras! Os resultados foron ben interesantes. Aquí tendes unha mostra...
20/12/24
BOLETÍN LERIA.
LECTURAS RECOMENDADAS PARA O NADAL!
Para que desfrutedes durante as vacacións, deixámosvos unha selección de lecturas recomendadas para o verán no boletín trimestral Leria. Esperamos que o desfrutedes; lembra que "Se queres aventura, lánzate á lectura!"
18/12/24
VISITA DAS AXUDANTES DE PAPÁ NOEL.
ENTREGAMOS AS CARTAS AOS AXUDANTES DE PAPÁ NOEL!
Este mércores, o alumnado do colexio tivo o privilexio de recibir ás axudantes de Papá Noel. que teñen recibido todas as cartas que os nenos e nenas lle teñen escrito. Que ben o pasamos e que content@s quedamos!
03/12/24
20 DE NOVEMBRO- 3 DE DECEMBRO.
UN VÍDEO SOBRE O MUNDO AO REVÉS!
O pasado 20 de novembro o Día Mundial da Infancia e o 3 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cunha actividade onde ambas datas se fusionan! Todos somos diferentes, todos somos iguais. Todos cos mesmos dereitos e deberes. Todos en igualdade de oportunidades. Todos con dereito a ter voz e ser escoitados. Todos co dereito á Educación inclusiva. Todos baixo o mesmo paraugas!
Aquí tendes unha mostra...
27/11/24
25 DE NOVEMBRO.
PROXECTAMOS, DEBATIMOS E CREAMOS DUNHA ÁRBORE DE EMOCIÓNS!
- Vídeo elaborado e proxectado:
- Montaxe feito de toda a proposta realizada:
30/10/24
SAMAÍN E MAGOSTO
XOGAMOS POLO SAMAÍN NA BIBLIOTECA!
O alumnado de quinto axudou a dirixir unha serie de xogos de Samaín na biblioteca. Estes xogos estiveron promovidos polo equipo de Dinamización da Lingua Galega, e foron realizados polos nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria. Isto formou parte dunha proposta de xogos aínda maior pormovida por dito equipo, que se complementaba con bailes no salón de actos e un obradoiro de maquillaxe no patio. O alumnado de 2º a 4º foi á aula de Polos Creativos para realizar xogos populares con temática do Samaín. Que ben o pasamos!
24/10/24
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
UN TEATRO MOI GALEGO!
Con motivo do día das Bibliotecas Escolares, temos promovido un pequeno espectáculo relacionado co tema do
proxecto do centro (que é Galicia Máxica), a mans dos mellores actores e
actrices do noso colexio e, mesmo podemos dicir, de Galicia. Así, unha
gandeira, dous pescadores e dúas peregrinas do camiño de Santiago explicáronlle a unha turista que acababa de chegar á nosa Terra o máis representativo e
importante de Galicia. Fixemos así unha gran homenaxe á nosa terra da que
debemos sentirnos orgullosos, xa que, como teñen dito diversas celebridades, “Somos
galegos, non porque nacemos en Galicia, senón porque Galicia nace en nós”.
Esperamos que vos guste.
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!
17/10/24
RADIO NA BIBLIO.
FORMACIÓN DE RADIO!
O alumnado de 6º ten asistido, ao longo de toda mañá, a unha xornada de formación en Radio escolar a cargo de DenÍs de Rede Espora. O alumnado ten recibido unha formación teórica inicial e despois realizaron unha actividade práctica no espazo da radio por turnos. Unha auténtica experiencia que ten convertido ao alumnado nuns expertos en radio escolar!
FORMACIÓN DE USUARI@S.
O ALUMNADO RECORDA O FUNCIONAMENTO DA BIBLIO!
Desde a apertura da biblio o pasado 1 de outubro, o alumnado de todas as aulas ten pasado pola biblio para formarse no relativo ao funcionamento da biblioteca, que este curso ten integrado algunhas novidades como o recuncho de xogos ou os recreos dinamizados. Canto temos aprendido!
08/10/24
RECREOS DINÁMICOS
30/09/24
"RIBETRASNO"
COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR!
Comezamos outro curso e como cada ano a biblioteca do cole abre as súas portas, e para informar da súa apertura, que mellor forma hai que RIBEDINO visitando as aulas do centro!
08/07/24
RADIO NA BIBLIO.
REMATAMOS A ESTANCIA ARA A NOSA RADIO!
Concluímos o curso coa habilitación definitiva para o espazo da Ribe-radio! A falta dun part de detalles, a nosa aula está lista para setembro! Levounos un pouco de tempo pero velaí está o restultado!
26/06/24
RADIO NA BIBLIO.
14/06/24
ACTIVIDADE FINAL.
E REMATAMOS... CUN MERCADILLO SOLIDARIO!
A biblioteca remata a súa proposta anual de actividades organizando un mercadillo solidario de intercambio de libros que o alumnado queira desfacerse a cambio doutros ofrecidos pola propia bilbioteca. Ademais todo o alumando de todas as clases puido levarse de agasallo un libro para ler nas vacacións de verán. Así, durante a semana do 10 ao 14 de xuño todas as clases pasaron pola biblioteca para intercambiar/ recoller libros. Grazas Ribedino pola túa xenerosidade!!!
REVISTA RUXE RUXE.
A NOSA REVISTA "RUXE, RUXE" XA CHEGOU!
10/06/24
BOLETÍN LERIA.
LECTURAS RECOMENDADAS PARA VERÁN!
Para rematar o curso, deixámosvos unha selección de lecturas recomendadas para o verán no boletín trimestral Leria. Esperamos que o desfrutedes; lembra que "Se queres aventura, lánzate á lectura!"
07/06/24
BIBLIOTECA CREATIVA.
A MALETA CREATIVA REMATA A SÚA ANDAINA!
A maleta de biblioteca creativa leva rulando polas aulas ao longo do ano e coa fin de curso remata a súa circulación. Así temos a continuación as últimas instantáneas do seu uso este curso a mans do alumnado de 4º de Ed. Primaria...
05/06/24
LECTURA E FAMILIAS.
RIBEGRAMAS EN FAMILIA!