osquelemos

O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Compartindo lecturas e paisaxes

    
     O martes 23 de maio puidemos reunirnos varios colexios no Parque de Castrelos para gozar da lectura en galego. Alí estivemos cos compañeiros e os alumnos e alumnas do CEIP Frián - Teis, o Pombal, o Carrasqueira, o Ría de Vigo, o Emilia Pardo Bazán, o  CEIP Eduardo Pondal, o CEIP A Doblada, o CEIP Fleming, o CEIP Chans Bembrive, o CEIP Balaidos e  o noso centro que participou por segundo ano consecutivo. Levamos un grupo de 4º de Primaria e dous de 3º de Primaria.

      Foron tres horas de compartir lecturas, merenda e contos nun entorno único. 

    Para rematar a xornada, escoitamos os marabillosos contos de Bea Campos, as  palabras do Alcalde de Vigo,Abel Caballero, e a canción que xa se está a convertir no himno destas xornadas: O libro máxico, de Migallas.

     Todo isto foi posible grazas á coordinación do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (capitaneado por Marta Souto), da Biblioteca de Proximidade Xosé Neira Vilas (con Anxo Alberte, o seu director, á cabeza) e de Antonio Fernández (IES Carlos Casares) e á colaboración dos mestres e mestras dos centros participantes.


 

















Grazas a Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2017, por todo o seu legado; polos seus libros que, de seguro, nos fixeron e nos fan disfrutar dende ben pequenos.




















                                    Carlos Casares

Recursos Letras galegas 2017

    A Rede aporta numerosos recursos para traballar contidos relacionados co Día  das Letras Galegas e co autor homenaxeado este ano: Carlos Casares.
    Aquí vos deixamos algúns deles. Esperamos vos sexan útiles.


http://www.lingua.gal/letras-galegas/contido_0055/2017-carlos-casares 
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/letras-galegas-2017-carlos-casares



 Primavera las Letras
http://seminariogalan.org/inicio/portada





Apadriñamentos lectores 2017

 
     Xunto coas lecturas cruzadas das que falamos na entrada anterior, os nosos pequenos disfrutan moito doutra actividade xa tradicional na biblioteca: os apadriñamentos lectores.
    Animar á lectura e fomentar as relacións entre os maiores e os cativos de infantil ou primaria, os apadriñados,  son os principais obxectivos desta entrañable actividade. Nela intercámbianse regaliños e lense contos aos pequenos. Por todo o patio de recreo espállanse as parellas arredor dos libros, o que resulta moi fermoso de ver.
    Ao rematar as lecturas, todos volven ás súas aulas cun sorriso e valoran como moi positiva a experiencia.



 















Lecturas cruzadas

   Como vén sendo habitual no noso centro, nos meses de abril ou maio celebramos as tradicionais "lecturas cruzadas".  Alumnado de todos os cursos preparan lecturas ou exposicións orais relacionadas co proxecto de centro. Posteriormente, os nenos e nenas pequenos achéganse ás clases dos maiores e viceversa, os dos cursos da ESO visitan aos de primaria. É unha actividade que sempre esperamos con ilusión e agarimo.

    A continuación podedes ver unha pequena mostra en fotos.


 
 

Preme AQUÍ para ver máis fotos