24/10/12

A peli da semana: Blancanieves

Dirección: Tarsem Singh
Guión: Melisa Wallack, Jason Keller (Conto: Irmáns Grimm)
Protagonistas: Lily Collins, Julia Roberts, Sean Bean, Armie Hammer, Nathan Lane, Michael Lerner
Xénero: comedia, fantástico, romance, comedia romántica.
Clasificación: todos públicos.

Ficha na biblioteca. 




A película desta semana é unha das versións máis recentes (2012) do conto dos irmáns Grimm. Neste caso, a historia afástase bastante da versión clásica: Blancanieves non é unha rapaza feble e necesitada de axuda, senón unha moza resolta que decide reclamar o trono do seu pai e conquistar o príncipe. Os 7 ananos tamén distan bastante da imaxe que deles nos deu Disney (que é a que todos recordamos mellor, seica). A película opta polo humor na liña de Shrek e faise amena, especialmente para os non tan maiores; porén, algúns dos chistes caen na liña de humor fácil. O que máis nos gustou foron os decorados (impresionantes!) e os traxes, xunto coa visión moderna (non tan machista) da historia.

En definitiva, non é unha película que pasará á historia do cine, pero sirve perfectamente para pasar unha tarde entretida e para ver o vello conto con ollos novos.


Ningún comentario: